lunes, 25 de junio de 2007

Unha chea de cores

Nunha ocasión dixo o crítico de arte Enrique Gómez que Diego de Giráldez era "esperanza branca".

Diego de Giráldez naceu na Cañiza e vive no mundo, no mundo do lenzo "na face incitante do lenzo" á que traslada as cousas con "precisión lírica" como dixo o grande crítico de arte Santiago Amón. Tamén dixo Armesto que: "Álvaro Cunqueiro foi un dos primeiros en celebrar a pintura de Diego de Giráldez. A topo moitas cousas en común entre ámbolos dous...".Pero eu quédome sobre todo có que dixo Álvaro Cunqueiro, cando visitou a súa primeira exposición en Vigo: "Para ser pintor hai que nacer, hai que soñar durante moito tempo, hai que atopar un estilo coma el - coma Diego -, non son os máis listos, os licenciados, os que o atopan. Algunhas veces son case que nenos como Diego de Giráldez...".Hoxendía é, sen dúbida e por dereito propio, un dos grandes pintores contemporáneos. Hoxe recoñecido internacionalmente é "a esperanza branca" non só da pintura galega senón dá española. Unha vez máis Álvaro Cunqueiro acertou e nesta ocasión cun rapaz de 15 anos que foi cando Diego de Giráldez fixo a súa primeira exposición.

No hay comentarios: